Escoitar

Caballero saúda que "La playa de los ahogados" se filme en moitas localizacións de Vigo

Abel Caballero trasladoulle ao director de cine Gerardo Herrero a súa vontade de facilitar en todo o que esté na súa man a rodaxe de La playa de los ahogados. Baseada nunha novela homónima de Domingo Villar, este filme terá en Vigo moitas das súas localizacións.

mércores, 30 abr 2014
1398858893gerardo.JPG
O Concello de Vigo facilitará a rodaxe da película que Gerardo Herrero inicia a semana que ven en Vigo e que está baseada nunha novela do escritor vigués Domingo Villar, La playa de los ahogados. Así llo trasladou o rexedor ao responsable do film co que hoxe mantivo unha reunión para avanzarlle as localizacións e os lugares de Vigo nos que se vai rodar a película. En rolda de prensa, Caballero reiterou esa vontade de cooperación para o que ser "unha gran película" que, ademais, permitirá mostrar gran parte da cidade a través de gran pantalla.
Descargar todas as imaxes