Escoitar

Vigo e Oporto cooperarán na promoción turística de ambas cidades no exterior

Onte xoves, o alcalde de Vigo desprazouse a Oporto nunha visita oficial ao concello portugués, onde acordaron impulsar un proxecto de promoción turística no exterior, cooperar nos ámbitos de rehabilitación dos cascos históricos e traballar para conseguir financiamento europeo en proxectos de cidades intelixentes.

venres, 4 xul 2014
1404474880oporto.JPG
Abel Caballero explicou este venres un planteamento de "estreita cooperación entre as dúas cidades que agrupan a maior poboación e a maior actividade económica da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal", que se traducen en tres iniciativas.

Vigo e Oporto elaborarán un proxecto conxunto de promoción turística no exterior, principalmente nos mercados hispano e luso, como un único destino para ambas cidades. En segundo lugar, os rexedores de ambas urbes intercambiarán experiencias e coñecementos nos procesos de rehabilitación en marcha dos cascos históricos de Vigo e Oporto. Por último, os consistorios redactarán ou compartirán proxectos comúns de Smart Cities para conseguir financiamento europeo para ambas cidades.

"Estamos iniciando unha época nova na relación entre Vigo e Porto", asegurou Caballero, quen avanzou que unha delegación oficial de Oporto, encabezada polo seu alcalde, visitará próximamente a cidade olívica.
Descargar todas as imaxes