Escoitar

O goberno local distribuirá 800.000 euros para que entidades sen ánimo de lucro xeren postos de traballo

O alcalde amosou hoxe "a súa satisfacción" ao anunciar a creación de centos de postos de traballo a través da subvención de 800.000 euros que se distribuirá entre entidades sen ánimo de lucro. Na Xunta de Goberno local tamén se aprobou o proxecto de humanización da rúa Ronda don Bosco.

venres, 4 xul 2014
1404475036abelcaballero.jpg
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ás bases reguladoras da convocatoria de subvencións para o fomento do emprego para entidades sen animo de lucro por importe de 800.000 euros. Segundo o programa, a distribución será a seguinte: entidades veciñais e culturais, 150.000 euros; entidades sociais e asistenciais, 200.000 euros, organizacións sindicais, 100.000 euros; entidades empresariais, 200.000 euros e, por último, comunidades de montes que recibirán 145.000 euros. Este plan, avanzou o rexedor "con satisfacción", permitirá crear centros de empregos e, se outras administracións fixeran o mesmo, "teríamos en Vigo 3.000 parados menos".

Tamén se aprobou o proxecto de humanización de Ronda don Bosco, entre Eduardo Iglesias e Velázquez Moreno, por un importe superior a medio millón de euros. Cun prazo de execución de 5 meses, renovaránse redes de saneamento e abstecemento, así como as instalacións de alumeado, xardineiras e mobiliario. O remate destas obras coincidirá, explicou, coa inauguración da remodelación de o Mercado de Progreso, o que suporá un "gran factor de atracción" para toda a zona centro.

O goberno local tamén adxudicou hoxe a contratación das obras de reforzo da capa de rodadura do firme na Avenida do Tranvía ata o aeroporto. Trátase de preto dun quilómetro e conta cun orzamento de 80.850 euros.

Xerencia de Urbanismo
O alcalde deu conta da resolución do procedemento da puxa pública para a venta de 40 vivendas de República Arxentina que se realizou esta mañá na Xerencia de Urbanismo. Tal e como explicou, adxudicáronse 12 pisos e agora notificarase aos adxudicatarios para que en dez días presenten a documentación acreditativa de estar ao corrente de obrigas coa Seguridade Social. A partir de aí, indicou, realizaránse as correspondentes publicacións nos distintos boletíns oficiais e no tablón da Xerencia. Caballero lembrou en rolda de prensa que estes cartos van a usarse para mercar os terreos que se cederán á Xunta para construir a Cidade da Xustiza. Cualificou esta situación como "outro agravio" xa que o Concello, unha vez, máis ten que asumir unha competencia que non lle corresponde "pero non imos deixar Vigo sen Cidade da Xustiza".

Tamén se aprobaron axudas á rehabilitación para 4 vivendas e zonas comúns dun edificio en Elduayen, cun orzamento de case cien mil euros. A Xerencia, a súa vez, concedeu 8 licenzas de obra e 2 de actividade para un investimento de máis de cen mil euros. Entre as autorizacións, destaca a reforma que prevé realizar Aldeas Infantís SOS Galicia nun local na rúa Aragón no que vai funcionar un centro de menores. Entre as licenzas de primeira ocupación, cabe mencionar a dun edificio para sete vivendas e baixo comercial na Ronda don Bosco.
Descargar todas as imaxes