O Concello de Vigo asiste ó Salón Internacional de Turismo de Cataluña

mércores, 21 abr 2004

A Concellería de Turismo, que dirixe a Concelleira Lucía Molares, estará presente dende o día 22 de abril no Salón Internacional de Turismo de Cataluña, que organiza a Fira de Barcelona ata o día 25 de abril.O Salón Internacional de Turismo ten como obxectivo prioritario potenciar a industria turística poñendo a disposición do mercado emisor catalán a maior información posible sobre programas e propostas de todo o mundo para as súas saídas de vacacións e de fin de semana.

Vigo participará na feira internacional de turismo Fitur<br />

venres, 23 xan 2004

A Concellería de Turismo de Vigo, que dirixe Lucía Molares, estará presente dende o 28 de xaneiro ó 1 de febreiro na XXIV edición da feira FITUR, que se celebrará en Madrid. Turismo de Vigo instalará un stand, no que as informadoras turísticas da Concellería atenderán as consultas realizadas polos profesionais e o público que visiten a feira, promocionando a cidade de Vigo como destino turístico.

Vigo participa no Salón Náutico de Barcelona

mércores, 29 out 2003

Turismo de Vigo estará presente no Salón Náutico de Barcelona que se celebra entre os días 1 e 9 de novembro no recinto feiral de Montjuic. Vigo participará cun amplo espacio dentro do pavillón de Turgalicia, onde mostrará toda a súa oferta en xeral e a de turismo náutico en particular.

O autobús turístico inicia o servicio de verán

xoves, 26 xuñ 2003

Hoxe entrou en funcionamento o servicio do bus turístico que pon en marcha a concellería de Turismo e que durará ata o 26 de setembro. O bus realizará catro viaxes ó día comezando o seu primeiro itinerario ás 10.00 h. e rematará o seu último percorrido ás 20:30 h.