Escoitar

Caballero anuncia para o 6 de xuño un sorteo da Lotería Nacional en apoio á candidatura de Cíes Patrimonio da Humanidade

Abel Caballero agradeceu este luns a Loterías e Apostas do Estado que atendera a solicitude do goberno de Vigo e dedique un sorteo ás Illas Cíes, como parte da precampaña de promoción cara a candidatura a ser declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. O evento terá lugar ás 13 horas do sábado, 6 de xuño, no Auditorio Mar de Vigo.

luns, 18 mai 2015
1431950559P5199475.JPG
Segundo revelou esta mañá o alcalde de Vigo, o goberno local solicitar a Lotería e Apostas do Estado que dedicase un sorteo da Lotería Nacional as Illas Cíes, dentro da proposta do Concello de iniciar a tramitación para que o arquipélago vigués opte a ser declarado pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade.

Abel Caballero amosou a súa "satisfacción" e agradeceu "moitísimo" á entidade estatal a súa resposta positiva e a decisión de celebrar en Vigo o sorteo do 6 de xuño, que será no Auditorio Mar de Vigo coa participación de alumnado do Colexio San Ildefonso de Madrid e estudantes de 5º e 6º de Primaria do centro vigués Ramón y Cajal, no mesmo número.

A delegación procedente de Madrid, tanto os rapaces como a representación de Loterías, viaxarán o venres anterior ás Illas Cíes, antes de celebrar ás 18 horas o ensaio xeral no mesmo Auditorio. O sábado, 6 de xuño, as portas ábrense ao público ás 12:30h e o sorteo e retransmisión dará comezo ás 13 horas. Abel Caballero avanzou que a comezos de xuño haberá unha segunda presentación pública do sorteo vigués, coa presenza de representantes de Loterías e Apostas do Estado.

O alcalde recordou as distintas iniciativas impulsadas ata o momento para lanzar a precandidatura das Cíes a Patrimonio da Humanidade. O Concello levou as Cíes a FITUR, con "enorme eco", celebrou durante tres días consecutivos o concerto "O Canto das Illas", organizou o partido de fútbol Célticos de Lenda vs Estrelas do Fútbol Mundial, e desenvolveu un programa para desestacionalizar as visitas as Illas.
Descargar todas as imaxes