O goberno de Vigo abre hoxe luns o renovado parque infantil de Castrelos
Abel Caballero invitou á cidadanía a achegarse a Castrelos tras informar da apertura esta tarde do "gran parque infantil", unha vez rematados os traballos de mellora. O alcalde informou tamén da planificación das obras en marcha, subliñando que esta semana finalizarán as humanizacións de Rosalía de Castro, Camelias ou Gregorio Espino, entre outras.
O goberno de Vigo vén de rematar coa mellora do "gran parque infantil de Castrelos", que estará dispoñible tarde para o seu uso na tarde deste mesmo luns, tal e como informou Caballero. O Concello instalou unha tirolina de 40 metros, oito columpios, un trampolín, dous equipos combinados, unha estrutura tridimensional de cordas e ata quince xogos distintos.
Ademais, o alcalde indicou que en próximos días desta semana concluirán as humanizacións en marcha en Rosalía de Castro, Camelias, Gregorio Espino, Gerona e Baixada Mestre Chané, e a finais desta semana un lateral da reforma de García Barbón e a rúa Alonso Ojeda.
Para a próxima semana, segundo a planificación municipal, quedan as remodelacións de Toledo, Hispanidade e a praza de Peniche (á espera do mural de Pulido); e en xuño estarán rematadas Manuel Núñez e María Berdiales, senda da auga e estará en uso o ascensor inclinado que conectará o entorno de Pi y Margall con Camelias.
Preto de concluir tamén están as reformas de San Cosme, Cantabria, Camiño Lagos, a terraza fronte ao Centro Cultural de Beade e a Subida a Cotogrande, segundo deu conta Caballero. No rural tamén, o rexedor tamén informou que as melloras en Subida á Madroa, Manuel Costas Bastos, Subida a Mouteira e Seixo están finalizadas, mentres que en próximos días acabarán as de Atlántida, Entrada a Balsa, Bravo, Camiño Oia, Rozo, Eira Vella, Subida a Rola, Estrada Marco e Camiño Pinguela.
No tocante aos pavimentados programados, Caballero apuntou que os de Lepanto, Médico José Mato, Puerto Rico, Padre Feijóo e Progreso xa están realizados. O asfaltado das rúas Manolo Martínez e Álvaro Conqueiro xa comezaron e rematarán nos próximos dous días, a rúa Cañiza arranca mañá martes para concluir o mércores ou o xoves, Buenos Aires farase entre o mércores e o venres e o pavimentado dos carrís exteriores da Avenida de Madrid porá o seu punto e final este mércores.