Convocatoria para a provisión de funcionario interino da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
A Xunta Reitora do Organismo Autónomo Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, na súa sesión de data 18 de maio de 2015, aprobou a Convocatoria e as Bases rectoras dos procesos selectivos para a provisión de funcionario interino, na modalidade de plans e programas, para a docencia transitoria de Debuxo Artístico, Moda e Confección, Ourivaría e Serigrafía Artística na Escola Municipal de Artes e Oficios.