O Concello colabora no Correlingua 2015, coa participación de 2.000 estudantes de 22 centros
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu a saída este mércores a unha nova edición do Correlingua, no que arredor de 2.000 alumnos e alumnas de 22 centros educativos percorreron o traxecto entre a Praza do Rei e o parque de Castrelos en defensa do idioma. O goberno local forma parte da organización.