Escoitar

O Concello convenia coa A.VV. Curva de San Gregorio a financiación do seu local

Abel Caballero rubricou este martes o acordo coa entidade veciñal, convenio segundo o cal o goberno de Vigo axuda ao financiamento dos gastos derivados do seu local. Segundo indicou o alcalde, o Concello apoia ás asociacións no pago do aluguer cando carecen de local municipal ou propio e, en caso de ter sede en propiedade, se lles exime do pago do IBI.

martes, 19 mai 2015
1432051937convenio.JPG
Descargar todas as imaxes