Escoitar

Convocatoria para a provisión de funcionario interino da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

A Xunta Reitora do Organismo Autónomo Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, na súa sesión de data 18 de maio de 2015, aprobou  a Convocatoria e as Bases rectoras dos procesos selectivos para a provisión de funcionario interino, na modalidade de plans e programas, para a docencia transitoria de Debuxo Artístico, Moda e Confección, Ourivaría e Serigrafía Artística na Escola Municipal de Artes e Oficios. 

venres, 22 mai 2015
Ø 1 Funcionario/a interino/a na modalidade de plans e programas docencia transitoria en DEBUXO ARTÍSTICO. ( novo plan de estudos)

 Ø 1 Funcionario/a interino/a na modalidade de plans e programas docencia transitoria en MODA E CONFECCIÓN ( novo plan de estudos)

Ø 1 Funcionario/a interino/a na modalidade de plans e programas docencia transitoria en OURIVARÍA ( novo plan de estudos)

Ø 1 Funcionario/a interino/a na modalidade de plans e programas docencia transitoria en SERIGRAFÍA ARTÍSTICA ( novo plan de estudos)

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Prazo: 20 días a partir do seguinte á data de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Lugar de presentación: Rexistro xeral do Concello de Vigo ou por calquera dos medios previstos na lexislación vixente

Días e Horario de entrega: Laborables de 9:00 a 13:30 horas de luns a venres, sábados de 9:00 a 13:00 horas

Documentación a entregar:

Fotocopia compulsada do DNI ou pasaporte

Instancia solicitando participar no proceso de selección indicando expresamente o posto ao que opte,
Currículum Vitae acreditado

Proxecto docente, conforme ao indicado no apartado 10.b) das presentes Bases

Orixinal do documento da Vida Laboral

Fotocopia das acreditacións dos méritos alegados de conformidade co establecido no apartado 9 das presentes Bases. Os orixinais destas acreditacións deberán estar a disposición do tribunal se este os requerise e, en todo caso, no caso de ser seleccionado/a, deberán presentarse antes do nomeamento. A non presentación nese momento dos orixinais (ou documento compulsado) dos méritos valorados dará lugar á exclusión do/a aspirante.

Os/as interesados/as poderán consultar as Bases no taboleiro de anuncios da Escola Municipal de Artes e Oficios, no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello e no apartado "Ofertas de emprego" da páxina web www.vigo.org.