mércores, 3 xuñ 2026
Abel Caballero destaca un incremento de 17,5 puntos respecto ao mesmo mes do ano pasado e subliña o peso crecente do turismo internacional, que en maio representou o 48% das visitas.
martes, 2 xuñ 2026
O servizo partirá de Cánovas del Castillo e percorrerá espazos emblemáticos como O Castro, Castrelos, Bouzas, Samil e o Pazo de Castrelos.
xoves, 28 mai 2026
Abel Caballero destacou este xoves o elevado nivel de ocupación rexistrado durante esta semana nos hoteis da cidade con motivo das actividades protagonizadas polas Forzas Armadas, que confluirán o sábado no desfile terrestre e aéreo que terá lugar en Samil.
martes, 26 mai 2026
Na presentación do evento, a organización destacou que concentrará a maior exposición comercial de autocaravanas, caravanas, campers, accesorios e turismo de cámping. "Profesionais do sector atenderán no IFEVI do 28 ao 31 de maio ás persoas interesadas neste modelo de turístico en crecemento, vinculado á natureza, á mobilidade e á actividade ao aire libre", apuntou a concelleira de Turismo, María Lago.
luns, 25 mai 2026
O alcalde valorou a posición de Vigo como “grande cidade turística” segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística e deu conta da posta en marcha do Plan de Sostibilidade Turística de Bouzas que busca un modelo máis equilibrado e respectuoso co territorio.
luns, 25 mai 2026
A recadación que xerará a aplicación da nova ordenanza municipal, aprobada definitivamente pola maioría da Corporación Municipal na sesión plenaria celebrada esta mañá, irá destinada a investimentos de infraestruturas turísticas.
mércores, 13 mai 2026
O concurso de tapas de Vigo cambia de estación. A XII edición, que arrincará este venres 15 de maio para finalizar o domingo 31, conta coa competición de 22 elaboracións salgadas e doces e renova o apoio do Concello.
venres, 8 mai 2026
Abel Caballero remitiu unha carta ao presidente ao Goberno autonómico pedíndolle que rectifique na súa intención de propoñer que as Cíes sexan Reserva da Biosfera, respectando a candidatura das Cíes a Xeoparque Mundial da Unesco na que o Concello leva traballando varios anos.
martes, 5 mai 2026
O Goberno municipal obtivo as 12 bandeiras azuis solicitadas para os areais da cidade. Abel Caballero tamén valorou que Vigo rexistrase “un nivel de ocupación hoteleira extraordinario no mes de abril, situándose no 68,88%”.
mércores, 29 abr 2026
David Regades e o director do festival Carlos Domínguez “Piti” selaron o apoio ao evento coa presencia do alcalde de Vigo, Abel Caballero. Do 6 ao 9 de agosto, máis de 150.000 persoas participarán na 26ª edición deste certame de deporte urbano.