luns, 21 dec 2020
Todos os e as edís apoiaron este luns a proposta do goberno de Vigo e o cambio do ámbito no Plan do Casco Vello foi aprobado definitivamente. Este emblema da arquitectura industrial viguesa será recuperado para o público polo Concello e a Zona Franca, “unha das grandes decisións deste mandato”, en palabras do alcalde.
mércores, 16 dec 2020
A Corporación Municipal aprobou de forma definitiva no Pleno extraordinario deste mércores a modificación orzamentaria para o crédito extraordinario financiado con remanentes de Tesourería. Saíu adiante coa abstención do PP e o voto en contra de Marea de Vigo e o concelleiro non adscrito.
mércores, 9 dec 2020
O alcalde informou da celebración dun Pleno a vindeira semana para a aprobación definitiva do uso dos remanentes municipais. A inversión deste aforro permitirá xeral "miles de empregos para reactivar a economía".
mércores, 25 nov 2020
O Pleno Municipal do Concello de Vigo abordou este mércores a situación actual do cumprimento do Orzamento 2020 e o pago a provedores. O concelleiro de Facenda explicou que o goberno local abonou un total de 30 millóns en facturas no último trimestre, cunha media de 9 días, e sinalou que neste ano xa están executados 135 millóns das partidas económicas.
mércores, 25 nov 2020
O Pleno celebrado este mércores debateu e aprobou dúas mocións promovidas polo goberno de Vigo instando á Xunta de Galicia a asinar un convenio co Concello para construír un instituto en Navia e, en segundo lugar, a incluír nas contas autonómicas para 2021 unha partida para edificar dúas escolas infantís na cidade.
mércores, 25 nov 2020
O Pleno Municipal do Concello de Vigo aprobou este mércores unha moción do grupo mixto instando ao Goberno do Estado a establecer un traballo diplomático para dar apoio ao pobo saharauí e defender a integridade do seu territorio. Ademais, o Concello deberá reforzar o programa “Vacacións en Paz” para acoller en verano a nenos procedentes do Sáhara Occidental.
mércores, 25 nov 2020
Todos os grupos municipais -coa excepción do PP – solicitan á Xunta os cambios normativos que permitan a compatibilizar as prestacións do RISGA e do Ingreso Mínimo Vital. Tal e como explicou a concelleira Yolanda Aguiar a reformulación da prestación económica é moi urxente dada a crise sanitaria e económica que estamos a atravesar.
martes, 24 nov 2020
Abel Caballero criticou esta mañá os orzamentos autonómicos de 2021 para a cidade que, unha vez máis, non atenden as necesidades de Vigo. A cifra de investimentos é de 49,8 millóns, cando debería alcanzar os 273 millóns, en termos de poboación. En rolda de prensa, Caballero cifrou en máis de 2.000 millóns á débeda da Xunta nos últimos anos, unha cantidade á que a partir de agora hai que sumar 223 millóns máis.
mércores, 18 nov 2020
O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, foi o encargado de defender as contas municipais nunha sesión plenaria extraordinaria na que destacou que o principal obxectivo dos orzamentos é “reactivar a economía” en diálogo constante coa cidade. Cos votos en contra da oposición, o goberno local sacou adiante un documento de 264 millóns, dos que máis de 19 son para políticas sociais.
xoves, 12 nov 2020
A sesión plenaria aprobou este xoves as modificacións orzamentarias para engadir o remanente municipal, toda vez que o Goberno de España autorizou o seu uso. Coa millonaria partida adicional, o goberno de Vigo busca “minimizar as consecuencias socioeconómicas do Covid, xerar emprego e relanzar o consumo”.