venres, 4 dec 2020
Este novo sistema permitirá realizar percorridos virtuais para turistas e cidadáns sobre o patrimonio cultural, medioambiental e histórico, así como rutas de exposicións interactivas con vídeos e audioguías na rede de museos municipais. Estará en operativo nos teléfonos móbeis a partir do luns 7 de decembro.
luns, 23 nov 2020
Vixente por tres anos, o convenio marco rubricado este luns posibilita a conservación, restauración e divulgación dos bens eclesiásticos na cidade. O Concello achegará ao efecto un máximo de 175.000 euros no ano 2021, segundo informou Abel Caballero.
xoves, 8 out 2020
O alcalde, Abel Caballero, e a primeira tenente de alcalde e presidenta provincial, Carmela Silva, visitaron este xoves as instalacións de Igualarte, na rúa Palencia 34, para coñecer o colorido resultado do traballo de Flix e do alumnado da Fundación, parte da sexta edición do programa municipal “Vigo, cidade de cor”.
mércores, 23 set 2020
Este mércores, Abel Caballero visitou xunto a Carmela Silva as obras de Xena en Ramón Nieto 331 e de Tamara Baz en San Roque 58, dúas novas medianeiras convertidas en arte grazas ao programa municipal “Vigo, cidade de cor”. Ao remate da presente edición, Vigo sumará 133 pinturas en espazos públicos da cidade.
martes, 22 set 2020
O alcalde, Abel Caballero, e a primeira tenente de alcalde e presidenta provincial, Carmela Silva, visitaron este martes unha nova creación artística ao aire libre da sexta edición do programa municipal “Vigo, cidade de cor”, nesta ocasión a proposta de Colectivo Licuado na Avenida de Guixar 28.
xoves, 10 set 2020
O Concello abre o prazo de inscrición neste concurso no que 12 participantes amosarán a súa creatividade arredor dun tema segredo ata o comezo da batalla. O vindeiro 26 de setembro desenvólvense tamén as III Xornadas de Arte Urbana Vigo Cidade de Cor coa presenza de artistas nacionais e internacionais.
luns, 7 set 2020
Abel Caballero e Carmela Silva visitaron este luns a obra que o artista Darío Álvarez Basso creou na sede viguesa da Deputación de Pontevedra, no número 17 da rúa Eduardo Chao, incluída na sexta edición do programa municipal de arte urbana “Vigo, cidade de cor”.
martes, 1 set 2020
Abel Caballero e Carmela Silva visitaron este martes o pintado da obra de Powone na rúa Coruña e de Yoseba Mugurazabal na rúa Vilagarcía, dúas das dezaseis incluídas na sexta edición deste programa municipal.
venres, 28 ago 2020
O alcalde visitou este venres o pintado da medianeira da rúa Venezuela 22, xunto ao colexio dos Maristas, un dos dezaseis espazos incluídos na sexta edición de “Vigo, cidade de cor”. Unha vez concluída a deste ano, a cidade contará con 133 murais nas súas rúas e colexios.
xoves, 27 ago 2020
Abel Caballero e Carmela Silva visitaron esta mañá o mural que a artista Lula Goce está a realizar diante do Mercado de As Travesas. Trátase dun dos 16 novos murais urbanos que o Concello ten en execución dentro do VI programa de Arte na rúa, dotado con 480.000 euros.