O alcalde e Carmela Silva visitan a nova medianeira do pavillón de Romil
O VI Programa municipal de medianeiras suma unha nova obra de arte urbana no pavillón de Romil na que “Pelucas” reflicte un universo deportivo, animal e artístico cunha intervención realizada en tres ámbitos do exterior da instalación deportiva. Abel Caballero e Carmela Silva achegáronse este xoves a coñecer o novo traballo do artista para o festival de arte “Vigo cidade de cor” que conta xa con 133 murais nas rúas e colexios vigueses.