mércores, 16 decembro 2020

O alcalde traslada ao Porto a “súa total oposición a máis recheos na Ría”

mércores, 16 dec 2020

Abel Caballero avanzou esta mañá que confía en que a Autoridade Portuaria “non cometa o inmenso erro” de aprobar o Plan de Espazos e Usos portuarios sen ter en conta a opinión da cidade. Con ese obxectivo, onte mesmo, o Concello enviou as súas alegacións ao documento entre as que destacou a total oposición do goberno local a calquera novo recheo na Ría ou a ampliación da proposta de cesión á cidade de espazos que levan anos destinados a usos non portuarios.