mércores, 2 mar 2005
O prazo de inscrición nos colexios públicos para os alumnos que o solicitan por primeira vez comeza o 16 de marzo e extenderase ata o 16 de abril. Os alumnos que xa estean matriculados e desexen reservar a súa praza para o vindeiro ano poden facelo xa mesmo e ata o próximo 10 de marzo.
martes, 15 feb 2005
O concelleiro de Educación pretende visitar tódolos centros públicos da cidade para participar dunha xornada con eles e valorar as súas necesidades.
mércores, 9 feb 2005
O Servizo de Educación distribuirá o CD-ROM "Esta é a miña cidade", elaborado no IES San Tomé de Freixeiro con fins didácticos. O obxectivo deste material é achegar información sobre a realidade de Vigo para fomentar a súa conservación e mellora.
luns, 7 feb 2005
Os consellos escolares de Vigo disporán de 339.000 para xestionar directamente as obras de mantemento ordinario dos centros de educación infantil e primaria en 2005, segundo aprobou o luns a Xunta de Goberno local.
martes, 14 dec 2004
As visitas guiadas ao Verbum, organizadas dende distintos departamentos do Concello de Vigo, levaron xa a 276 escolares e 454 maiores dende o mes de outubro. Estas actividades proseguirán tralo parón do nadal.
mércores, 1 dec 2004
As ludotecas municipais abrirán polas mañás entre as 10,30 e as 13,30 horas debido ás vacacións de Nadal. As ludotecas teñen previsto un amplo programa para estas datas, tales como a creación dun belén, a elaboración de adornos e postais e outras actividades do nadal.
luns, 29 nov 2004
O proxecto piloto deste novo curso on-line destinado a novos emprendedores será gratuíto e os seus organizadores desexan unha boa resposta da xente para acada-la súa consolidación.
luns, 22 nov 2004
A sexta edición do Pleno Infantil celebrouse hoxe no Concello coa intervención de alumnos de 5º e 6º de Primaria dos colexios Caixa Aforros, CEIP Igrexa-Valadares, Escola Martín Códax, CEIP Ría de Vigo e o colexio Salesianos, ademais do CEP Seis do Nadal.
venres, 12 nov 2004
A invitación respondeu a un agasallo dos alumnos, que lle mandaron uns retratos debuxados por eles mesmos con motivo da visita da alcaldesa ao colexio na inauguración do curso escolar.
venres, 29 out 2004
As cinco ludotecas de Vigo ofertan, para o vindeiro mes de novembro, uns programas dirixidos aos cativos cheos de xogos didácticos e orixinalidade. Os traballos manuais, as representacións teatrais e a música gardan un importante protagonismo.