Escoitar

O Concello reclama á Xunta de Galicia a ampliación "urxente" do comedor escolar do colexio Illas Cíes

A concelleira de Educación, Laura López Atrio, explicou hoxe mércores a situación na que se atopa o centro escolar Illas Cíes, que precisa da ampliación "urxente" do seu comedor. A edil recordou que o goberno autonómico ten a competencia para executalo e o Concello presentoulles un informe urbanístico favorable ao espazo municipal ofertado ao efecto.

mércores, 6 out 2010
1286367703laura.JPG
A concelleira de Educación, Laura López Atrio, reclamou este mércores á Xunta de Galicia a ampliación "urxente" do comedor do colexio Illas Cíes, para o que o Concello xa ofreceu o espazo preciso.

Explicou a edil que, o 23 de novembro de 2009, o goberno municipal trasladou ao goberno autonómico as necesidades urxentes dos centros escolares vigueses, pois a Xunta de Galicia ten a competencia en materia educativa. Para acometelas, o Concello "incluso ofreceu colaboración económica" e, no caso singular do Illas Cíes, presentou un informe favorable da Xerencia Municipal de Urbanismo sobre o espazo que o Concello pon a disposición do goberno autonómico para a ampliación.

O lugar elexido é unha explanada de 200 metros cadrados de superficie que o goberno local propón para o novo comedor escolar. Atrio recordou que as administracións locais unicamente teñen capacidade para mantemento e reparación de instalacións educativas. A Xunta de Galicia ten que solicitar o espazo e levar adiante a ampliación, segundo apuntou a concelleira. "Hai que facer as cousas ben", concluíu.
Descargar todas as imaxes