martes, 5 outubro 2010

O alcalde subliña que a celebración de Conxemar sitúa a Vigo "de novo no centro da pesca" no mundo

Abel Caballero participou este martes na apertura da XII Edición de Conxemar, presentación na que tamén estivo presente o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a Ministra de Medioambiente, Elena Espinosa, entre outros. O alcalde cualificou esta feira de "acontecemento excepcional" de "importancia capital" xa que en Vigo se toman as grandes decisións no sector da pesca conxelada.

Caballero constata co director do Festival Aéreo que o de Vigo foi este ano "o máis importante de España"

martes, 5 out 2010

O alcalde, Abel Caballero, reuníuse este martes co responsable do Festival Aéreo Internacional de Vigo, Pablo González, para valorar o resultado do Festival Aéreo do pasado xullo, a edición con maior número de espectadores e que en 2010 superou a Barcelona. Cara ao 2011, a "vontade" municipal é continuar sendo "referencial" en España, para o que o alcalde iniciará hoxe as xestións co Embaixador de Canadá.

María Méndez resalta o traballo de Doa na eliminación do estigma das persoas con enfermidades mentais

martes, 5 out 2010

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou este martes o traballo que vén realizando a asociación Doa dende hai 23 anos para atender e eliminar o estigma social das persoas con enfermidades mentais. Na visita que hoxe realizou ás instalacións desta entidade, a concelleira nacionalista afirmou que cómpre seguir traballando para erradicar este problema social engadido á enfermidade.