O apoio do Concello permite que o Torneo Cidade de Vigo de fútbol sala, este sábado, teña entrada gratuíta

mércores, 27 ago 2008

Este sábado 30 de agosto o pavillón central das Travesas será escenario da primeira edición do Torneo Cidade de Vigo de fútbol sala, organizado polo Coruxo F.C. A partir das cinco da tarde e durante unhas cinco horas, o fútbol sala copará a cancha con partidos que van dende categorías de base masculinas e femininas ao encontro estelar da xornada, o que medirá ao Coruxo co Amanhã da Criança, da Segunda División portuguesa (equivalente á categoría de Prata en España). A xornada será de portas abertas grazas ao patrocinio de Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes.

O Concello asina un convenio de colaboración cos sindicatos

mércores, 23 xul 2008

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Promoción Económica,Participación Cidadana e Emprego,Santos Hector,asinaron o mércores un convenio de colaboración con UGT, CCOO e CIG, na que estaban presentes Olga Alonso, Jose Cameselle, Xerardo Abralde respectivamente. Este convenio consta dunha aportación económica de 42.750 euros destinados a cursos de formación, "a relación deste goberno cos sindicatos é moi fluida como tamén o é con empresarios e patronal" subliñou o alcalde.

A Escola "Mar de Vigo IV" expón no encontro de embarcacións tradicionais de Brest a única traiñeira de Galicia

mércores, 9 xul 2008

A traiñeira tradicional elaborada polos alumnos da Escola Obradoiro ten 11 metros de eslora por 2,5 de manga e un peso de 4 toneladas. Estará exposta no "gran encontro mundial de embarcacións tradicionais" do día 11 ao 17, xunto con 2.000 embarcacións de 30 países distintos. Un total de 6 tripulantes vigueses acudirán ao evento, que recibíu na pasada edición, celebrada en Ferrol, preto de un millón de visitantes.

Raquel Díaz e Santos Héctor fan un balance positivo do seu primeiro ano como concelleiros

martes, 24 xuñ 2008

A concelleira de Economía y Facenda, Parques e Xardíns e Limpeza, Raquel Díaz, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, Santos Héctor, repasaron hoxe martes as principais actuacións levadas a cabo no primeiro ano ao fronte dos seus respectivos departamentos. O balance é positivo, destacando o Plan Municipal de Emprego, as subvencións ás entidades viguesas, o orzamento municipal, o plan de axardinamento no rural, e o dispositivo de limpeza do botellón.

O Concello de Vigo inviste máis de oito millóns de euros no desenvolvemento do Plan Municipal de Emprego 2008 - 2011

mércores, 11 xuñ 2008

O concelleiro de Participación Cidadán, Santos Héctor Rodríguez presentou hoxe mércores os programas que compoñen o Plan Municipal de Emprego 2008-2011, iniciativa que o Concello de Vigo pon en marcha para promover e facilitar o acceso a un posto de traballo de calidade a todos os cidadáns.Santos Héctor Rodríguez anunciou que o Concello de Vigo vai destinar máis de oito millóns de euros para o desenvolvemento deste proxecto, que grazas ao compromiso adquirido pola Xunta de Galicia e outros organismos, é o máis ambicioso dos postos en marcha por un concello galego.

O Goberno Central subvenciona con 2 millóns de euros o programa de emprego municipal "Imos Traballar"

luns, 19 mai 2008

O goberno local solicitou esta axuda ao Ministerio de Administracións Públicas e, sumado aos 500.000 euros de aportación municipal, este programa, elaborado pola Concellería de Emprego e Promoción Económica, contará con 2,5 millóns de euros para os próximos 3 anos. "Imos traballar" procura a inserción de 600 desempregados con intinerarios formativos específicos e personalizados, mediante o uso das novas tecnoloxías.

A Xunta de Goberno Local aprueba el Plan Municipal de Empleo 2008-2011

martes, 29 abr 2008

O Plan presta especial atención a los colectivos con dificultades de inserción laboral, a la calidad y seguridad en el trabajo, y al apoyo a empresas y emprendedores. El marco incluye un total de 14 programas, de los que 8 sonido de joven creación, y aumenta a 250 los trabajadores involucrados, "mas del doble" que el Plan anterior, destacó el alcalde, Abel Caballero.

O proxecto "Imos traballar" formará en 3 anos a 600 desempregados con dificultades de inserción laboral

martes, 5 feb 2008

O goberno local presentou este martes o Pacto Local polo Emprego, participado por empresarios e sindicatos, que analizará nos próximos 6 meses a situación sociolaboral viguesa para elaborar, nas comisións de traballo, os contidos do futuro documento. Además, o Pacto inclúe o proxecto "Imos Traballar", que procura a inserción laboral de 600 desempregados con itinerarios formativos específicos e personalizados.