O Concello reitera a súa petición de coñecer o proxecto modificado de ampliación do Ifevi

martes, 12 xan 2021

O alcalde reiterou esta mañá que o Concello segue sen coñecer o proxecto modificado de ampliación do recinto feiral que prevé executar a Xunta e que, segundo vén de anunciar, inclúe un módulo deportivo. A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, enviou unha carta á Consellería de Economía reclamando o proxecto definitivo para comprobar que se cumpre a normativa xa que a expropiación podería correr perigo ao realizarse en base a uns fins que agora poderían verse mudados.

O rexedor felicita aos promotores de Milongas Parrillada que abre espazo en A Laxe

xoves, 17 dec 2020

Abel Caballero asistiu este xoves, xunto ao delegado de Zona Franca, David Regades á inauguración do restaurante Milongas Parrillada no centro comercial A Laxe, que inicia a súa actividade en Vigo cun equipo de 15 persoas. O rexedor visitou o espazo, situado na área de restauración na segunda planta do centro, e trasladoulle os seus parabéns aos responsables de Milongas pola súa iniciativa empresarial tamén en tempos de pandemia.

Caballero advirte de que a Xunta será a “única culpable” se a ampliación do Ifevi non chega para Conxemar

luns, 7 dec 2020

Abel Caballero advertiu unha vez máis de que se a ampliación do Ifevi non está lista para a próxima edición de Conxemar, a única culpable será a Xunta de Galicia dado que poido ter iniciado hai dous meses o proceso de licitación das obras -condicionado á disposición do solo -. De telo feito así, os traballos poderían comezar ao día seguinte do acto de levantamento de actas previas á ocupación para a expropiación dos bens e dereitos, convocado para o 11 de decembro polo Concello de Vigo.

Os albergues de Vigo non aplicarán a rotación para evitar que os usuarios queden na rúa

martes, 1 dec 2020

Abel Caballero reiterou esta mañá a vontade do goberno local de non aplicar a orde da Xunta que obrigaría a botar á rúa aos usuarios dos albergues que leven pernoctando máis de dez días. Coas instalacións de Marqués de Valterra e da Fundación Santa Cruz ao 100% da súa capacidade, o Concello aloxa a outras 29 persoas sen teito en hoteles ou hostais da cidade.