xoves, 11 set 2003
A concellería de Deportes presentou hoxe enrolda de prensa a celebración do XVII Triatlón Cidade de Vigo que terá lugar o vindeiro domingo día 14 nos arredores da praia de Bouzas. A proba está organizada polo Club Triatlón Vigo e autorizada pola Federación Galega de Triatlón.
mércores, 10 set 2003
A concelleira de Deportes, María Xosé Porteiro, presentou o Programa Municipal "Mais que Deporte 2003-2004 de Escolas Deportivas" dirixido a nenos e nenas de 6 a 16 anos e que comezará o día 6 de outubro.
xoves, 4 set 2003
A Concellería de Deportes abre, durante o mes de setembro, o prazo de inscrición para participar no programa municipal das Escolas Deportivas . As escolas están orientadas á práctica do deporte cun ensino de calidade e dirixidas a todas e todos os alumnos que cumplan os requisitos de idade de cada modalidade que vai dende os 6 ós 18 anos.
xoves, 31 xul 2003
Do 2 ó 10 de agosto disputarase en Vigo o II Torneo Internacional Feminino de Tenis Cidade de Vigo. O torneo terá lugar nas instalacións do complexo deportivo municipal de Samil e presentouno hoxe a concelleira de Deportes, María Xosé Porteiro.
xoves, 24 xul 2003
O Concello acorda o peche das piscinas municipias de As Travesas , Lavadores e Teis durante o mes de agosto para acometer os traballos de mantemento e limpeza das mesmas. Esta medida acordouse nunha xuntanza na que se avaliou que durante mes de xullo o número de usuarios e moito máis alto que nos mes de agosto.
xoves, 17 xul 2003
A concelleira de Deportes, María Xosé Porteiro, presentou a XI Bandeira de traíñas Concello de Vigo que se celebrará o domingo 20 de xullo nas proximidades do Real Club Náutico. Repartiranse 12.710 euros en premios.
mércores, 16 xul 2003
A concelleira de Deportes, María Xosé Porteiro, considera "absolutamente desproporcionada a reacción da directiva do R.C. Celta cando ameaza con levar fóra da nosa cidade, a Coruña, Porto ou Braga, os partidos da Champions League, ante as dificultades expresadas pola Concellería de deportes para asumir as intervencións necesarias coa celeridade e dispoñibilidade orzamentaria precisas".
luns, 14 xul 2003
A Comisión de Goberno aprobou destinar 95.940 euros á elaboración dun estudio que se realizará no prazo dun mes polo procedemento negociado de urxencia para avaliar a situación da estructura do estadio municipal de Balaídos.
xoves, 10 xul 2003
O VII Trofeo Eixo Atlántico de cruceiros celebrarase do 17 ao 20 de xullo en catro etapas, desde Leixoes a Vigo. O alcalde, Ventura Pérez Mariño, asistiu á presentación da regata organizada polo Real Club Náutico de Vigo e os clubes de vela de Atlántico de Porto, Viana de Castelo, Póboa de Varzim e Baiona.
venres, 4 xul 2003
"Prevención e responsabilidades en instalacións e actividades deportivas" é o título do curso que comeza o luns 7 de xullo dentro do programa de Xestión e Actualización do Deporte "En forma_acción", no marco dos cursos de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo en colaboración coa Concellería de Deportes.