xoves, 9 mai 2013
O alcalde presentou este xoves o último encontro da fase regular da Liga de Fútbol Indoor, un RC Celta-Real Valladolid decisivo para as aspiracións locais de xogar os cuartos de final, contra o Real Madrid. O Celta precisa alomenos un punto contra o Valladolid, encontro que se xoga o venres, as 20:45 horas, con entradas a dous euros.
martes, 7 mai 2013
A XVI Media Maratón de Vigo, que regresa tras catorce anos de ausencia, disputarase este domingo (10:00 horas) dende Policarpo Sanz e con máis de mil participantes polo centro de Vigo. "É a primeira da época moderna", sinalou o alcalde na presentación da proba, xa que comezou en 1984 e a súa última edición databa de 1999.
venres, 3 mai 2013
Trescentos nenos e nenas de catro clubs, catro colexios e as escolas deportivas municipais da cidade mostrarán este sábado as súas habilidades no pabellón de Bouzas, dentro da XXVI Festa Infantil do Kárate, que comezará ás 17:00 horas e que promete un cheo absoluto.
xoves, 2 mai 2013
O alcalde, Abel Caballero, presentou este xoves con José Luis Rodríguez, da entidade colaboradora Vigo Extreme, unha nova proposta municipal para coñecer a cidade, desta volta sobre patíns. As distintas rutas previstas, adaptadas para patinadores adultos e infantís, terán lugar os domingos de maio e xuño.
martes, 30 abr 2013
O goberno local colabora con Decathlon, organizadora do evento, na celebración o próximo domingo, 5 de maio, da terceira edición do DecaBike, unha gran festa da bicicleta cun percorrido de 10 quilómetros con inicio en Samil e final en Balaídos, ademais de actividades complementarias no areal vigués.
martes, 30 abr 2013
O alcalde de Vigo asisitiu hoxe martes ao inicio das obras de remodelación da pista de atletismo de Castrelos que rematarán previsiblemente a finais de xuño. O orzamento alcanza os 137.257 euros e o proxecto respecta o trazado que xa existe.
xoves, 25 abr 2013
A presidenta do Club Deportivo de teis, Ruth Calvo, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinaron esta mañá un convenio de colaboración por un importe de 20.000 euros. Esta subvención forma parte das achegas que o goberno local destiña aos equipos de élite da cidade e que este 2013 supera o millón de euros.
mércores, 24 abr 2013
Abel Caballero asinou este mércores o convenio polo que o goberno local achega 30.000 euros ao Vigo Rugby Club, parte dos 440.000 que adica o Concello ao apoio das entidades viguesas de elite. O alcalde recordou que, sumando os 600.000 euros para a base, o goberno de Vigo supera o millón de euros de subvencións ao deporte vigués.
mércores, 24 abr 2013
O A Copa Vigo cumpre 80 anos ao grande. Vinte equipos masculinos de Primeira, Segunda e Terceira Autonómica e, por vez primeira, seis conxuntos femininos de 2ª Nacional, Liga Galega e Liga Autonómica pelexarán por "un título de avoengo", explicou o alcalde da cidade, Abel Caballero. "É o torneo de fútbol máis antigo de Galicia, é unha gran Copa, un gran evento, e palabras maiores no ámbito do deporte", sostivo o xefe do gobernó municipal.
martes, 23 abr 2013
Vigo será, por primeira vez en Galicia, sede da Copa de Campións Xuvenil División de Honra, do 5 ao 11 de maio. Este martes tivo lugar o sorteo que determina o calendario para dirimir ao mellor equipo xuvenil de España, entre o RC Celta, o Real Madrid, o FC Barcelona, o Athletic, o Atlético de Madrid, o Sevilla, a UD Las Palmas e o Villarreal.