Caballero felicita á Federación Galega de Judo polo Gran Premio Cidade de Vigo do sábado en Navia e pola súa "acción co deporte de base"

martes, 7 out 2014

Por vez primeira dende que é Supercopa, o Gran Premio Internacional Cidade de Vigo de judo verá en Navia a máis de trescentos deportistas de cinco países (España, Portugal, Alemaña Suecia e Italia) e de dezaséis comunidades autónomas. O alcalde da cidade, Abel Caballero, aplaudiu hoxe o traballo da Federación Galega de Judo "por este Gran Premio, pero tamén pola acción que fai no deporte de base", dixo o rexedor.

Caballero define como "orixinal e de permanente esforzo" a proba atlética 24 horas de Vigo, a fin de semana en Castrelos

martes, 26 ago 2014

Vigo conta cun novo reto atlético que o alcalde da cidade, Abel Caballero, cualificou de "orixinal". Esta vindeira fin de semana, derradeira do mes, dende o mediodía do sábado 30 ao mediodía do domingo 31, o circuíto atlético municipal de Castrelos recibirá as 24 horas de Vigo, unha proba tanto individual como por equipos con prazo de inscripción aberto ata mañá, mércores.