Caballero anuncia o patrocinio municipal ao fútbol sala formativo coa I Liga Concello de Vigo para 1.300 nenos de 4 a 7 anos de idade

venres, 24 out 2014

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe o comezo esta fin de semana da I Liga Concello de Vigo de fútbol sala, para nenos e nenas de 4 a 7 anos, que durante a tempada 2014/15 disputarase nas instalacións deportivas municipais (As Travesas, Balaídos, O Berbés, Navia...) e que moverá a 1.300 deportistas de colexios, asociacións e clubs da cidade.

Caballero di que o Concello dará "todo a apoio" á Semana do Atlántico Cidade de Vigo", que é "un espectáculo único" <br />

mércores, 8 out 2014

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, definiu a Semana do Atlántico Cidade de Vigo-XXXIX Trofeo Martín Barreiro, como un evento de "Vigo en estado puro, do Vigo da navegación, da vela, de Ría, do Real Club Náutico e do seu traballo inestimable". O xefe do goberno municipal realizou estas declaracións durante a presentación do evento nos salóns da centenaria sociedade, onde estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e doutras autoridades.<br />