venres, 21 mar 2014
Seis carreiras organizadas desde o próximo domingo 23 de marzo e o 12 de outubro contarán coa participación de máis de tres mil nenos e nenas. O Concello colabora, un ano máis, na organización do programa de crosses escolares de Vigo co obxectivo de fomentar o atletismo, unha actividade física "educativa e saudable".
xoves, 20 mar 2014
O alcalde presentou o Trofeo Cidade de Vigo de patinaxe que esta fin de semana achegará ao Pavillón de As Travesas a máis de 600 deportistas. Organizado polo Coruxo FC coa colaboración do Concello de Vigo, este evento deportivo -clasificatorio para o torneo europeo- reunirá a 42 clubes procedentes de toda España.
venres, 14 mar 2014
A Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca, que na súa décimo-quinta edición premia aos e ás mellores de 2013, terá lugar o xoves 20 de marzo ás 20,00 horas no Centro Cultural Novacaixagalicia. Este ano o evento contará cunha actuación da Escola de Arte Dramático.
mércores, 12 mar 2014
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, definiu este mércores o salón –que se celebrará do 4 ao 6 de abril- como un "acontecemento de primeiro relieve" que aúna aspectos "lúdico e deportivo en torno ao motor". Por cinco euros, a cita congregará vehículos tuning, clásicos, 4x4, coches americanos, náutica, motos e quads, ademais de espectáculos como o PowerDrift Indoor.
xoves, 27 feb 2014
O alcalde participou este xoves na presentación da edición 2014 deste evento múltiple -XC, Mini DH e Enduro- do ciclismo de montaña, que terá lugar esta fin de semana nos montes de Coruxo. A organización celebrará ademais os quince anos do certame os días 13 e 14 de abril, cunha proba puntuable para a Copa de España de DH.
xoves, 30 xan 2014
Durante o ano 2013, as arcas municipais destiñaron 450.000 euros a sufragar accións de potenciación do atletismo na cidade, segundo avanzou hoxe o alcalde quen esta tarde se reunirá con distintos clubs desta modalidade. Trátase, nas súas verbas, "da cifra máis alta da historia" para apoiar este deporte.
venres, 24 xan 2014
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, ven de presentar os campionatos Galegos de Loitas Olímpicas nas categorías júnior e a fase final da liga Galega de Loita na categoría escolar que terán lugar o sábado 25 de xaneiro de 10 a 14 horas , no pavillón municipal de Bouzas, e nos que están inscritos 150 deportistas.
luns, 20 xan 2014
Abel Caballero presentou este luns o novo certame, organizado polo Concello baixo a dirección do Club Natación Vigo Rías Baixas e a colaboración da Federación de Pais e Nais de Alumnos. En categoría promesas e benxamín, os centros poden inscribir aos alumnos ata o próximo 21 de febreiro.
venres, 17 xan 2014
Abel Caballero informou do acordo adoptado este venres na Xunta de Goberno Local para adicar 80.000 euros ao desenvolvemento do programa "Deporte para persoas maiores" durante o 2014, tanto en natación como en ximnasia, con 265 e 165 usuarios respectivamente en cada modalidade.
mércores, 15 xan 2014
O alcalde de Vigo recibiu hoxe mércores aos mozos e mozas que quedaron subcampeones de Galicia e de España de taekwondo durante o ano 2013. Felicitounos e deulles as grazas no nome da cidade pola súa implicación no mundo do deporte en Vigo. Estes deportistas forman parte do equipo de exhibición senior Gimnasio Tao, que conta como entrenadores con Miguel Meilán Cabaleiro e Samuel Milán Fernández.