O goberno de Vigo achega 71.000 euros ao Coruxo FC para o seu proxecto deportivo

xoves, 16 abr 2015

O alcalde de Vigo rubricou este xoves o convenio polo que o Concello destina 71.000 euros ao Coruxo FC, a principal achega que percibe a entidade deportiva de ningunha administración pública e que fai posible o seu proxecto, actualmente na 2ªB do fútbol español. Caballero salientou asemade que o goberno de Vigo adica 600.000 euros ás entidades deportivas de elite da cidade.

O goberno de Vigo respaldará as accións planteadas en apoio a Desirée Vila

martes, 14 abr 2015

Abel Caballero mantivo hoxe martes un encontro coa ximnasta e responsables do club Flic Flac e comunicóulles o apoio do Concello de Vigo ás iniciativas que impulse a entidade. "O Concello vai estar do lado de Desirée", indicou o alcalde, quen apuntou como exemplo a organización de exhibicións do Flic Flac para recadar fondos para a familia da atleta de 16 anos, que veu amputada parte dunha perna recentemente. Caballero amosoulles na reunión "todo o noso cariño, afecto e aprecio".

O Concello traslada ao Gran Peña o novo diseño do campo do Carballal, con herba, novos vestiarios e unha bancada

martes, 14 abr 2015

O alcalde, Abel Caballero, mantivo este martes unha reunión cos responsables do Gran Peña, "club histórico da cidade", que xoga no Carballal, en Cabral, un "campo de terra en condicións lamentables" que será reformado íntegramente polo Concello. O rexedor amosóulles o deseño elaborado para a remodelación, que inclúe un terreo de xogo de herba, novos vestiarios e unha bancada, para "dotar ao Gran Peña do campo que efectivamente necesita", subliñou Caballero.

O alcalde eloxia a "organización e capacidade de mobilización" que demostra a Vig-Bay

mércores, 18 mar 2015

A medio maratón entre Vigo e Baiona foi presentada este mércores na cidade olívica, acto tras o cal Abel Caballero subliñou que a proba é unha "mostra de organización e capacidade de mobilización". 5.500 atletas tomarán a saída este domingo, ás 10:30h, desde a Avenida de Samil, un "espectáculo" deportivo "absolutamente impresionante" que o rexedor vigués invitou a presenciar.