martes, 4 nov 2014
Este mércores, ás 21 horas, o pavillón municipal das Travesas acollerá a eliminatoria de oitavos de final da Copa do Rei de fútbol sala entre o Mosteiro Bembrive FS, de 2ª división B, e o Fútbol Club Barcelona, da máxima categoría. O alcalde felicitou ao club vigués polo xa conseguido e animou á cidadanía a gozar do espectáculo.
venres, 31 out 2014
A Xunta de Goberno Local aprobou a reforma da cuberta do pavillón polideportivo de Teis, por importe de 158.359 euros. Tal e como explicou o rexedor, tamén se deu luz verde ao proxecto de humanizacio n de María Berdiales, por valor de 645.873 euros.
mércores, 29 out 2014
O alcalde é "proclive a aceptar" a contraproposta autonómica para a reforma do estadio, que pasaría por adicar 2 millóns ás pistas de atletismo baixo a grada de Río e as anexas ao recinto. O planteamento municipal era que a Xunta achegase o 10% do custo total da remodelación de Balaídos, 3 millóns de euros, a mesma porcentaxe na que participou para refacer o estadio de Pasarón, en Pontevedra.
venres, 24 out 2014
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe o comezo esta fin de semana da I Liga Concello de Vigo de fútbol sala, para nenos e nenas de 4 a 7 anos, que durante a tempada 2014/15 disputarase nas instalacións deportivas municipais (As Travesas, Balaídos, O Berbés, Navia...) e que moverá a 1.300 deportistas de colexios, asociacións e clubs da cidade.
xoves, 23 out 2014
A Vigo+11 volverá o día 9 as rúas de Vigo, organizada pola Delegación en Vigo da Federación de Atletismo e a colaboración do Concello. Durante a presentación, esta mañá en El Corte Inglés, o rexedor animou a todo Vigo a participar nesta proba popular
xoves, 23 out 2014
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, entregaron hoxe unha gran bandeira de Vigo aos deportistas dos ximnasios locais Tao e Kiap que van disputar o Campionato do Mundo de técnica en Aguascalientes (México).
mércores, 22 out 2014
O alcalde da cidade, Abel Caballero, animou hoxe á cidadanía a participar este domingo na segunda edición da Carreira contra o Cancro, en Coia e a súa contorna.
martes, 21 out 2014
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo hoxe en Alcaldía unha reunión coa presidenta do Real Club Náutico, Viviana García, coa Semana do Atlántico Cidade de Vigo, competición internacional de vela, como eixo central.
venres, 17 out 2014
Abel Caballero e Susana Rodríguez Gacio asinaron este venres un convenio de colaboración polo cal a paratriatleta internacional terá acceso gratuito á piscina e o ximnasio municipais das Travesas. O goberno local apoia así a viguesa, que se está a preparar para poder competir nos xogos de Río 2016.
martes, 14 out 2014
O Concello cede gratuitamente as instalacións do Instituto Muncipal dos Deportes a nove entidades sociais e deportivas da cidade para que poidan desenvolver a súas actividades físicas. O rexedor asinou hoxe martes os convenios con estes colectivos para o que o Concello realiza unha exención de preto de 35.000 euros.