O alcalde felicita ao Alerta Navia de fútbol femnino polo ascenso e a Copa Federación
Abel Caballero felicitou esta mañá as xogadoras do Alerta Navia Fútbol, gañadoras da copa Federación de Galicia de fútbol feminino e campionas da Liga Autonómica B. Durante a recepción a estas deportistas, que veñen de ascender á Primeira Liga Autonómica, o rexedor subliñou a importancia do fútbol feminino e lembrou a implicación do Concello coas políticas de igualdade, dous días despois de recibir en Madrid o galardón Rosa Manzano, convertíndose Vigo na única cidade premiada con este recoñecemento ás políticas en defensa das mulleres.