xoves, 1 out 2015
O concelleiro de Deportes presentou este xoves a carreira de running e obstáculos que se desenvolve este sábado día 3 de outubro na cidade e que pon a proba distintas destrezas dos participantes. É a primeira carreira destas características que inclúe a praia como escenario e suma xa arredor de 1.100 persoas inscritas.
martes, 29 set 2015
Abel Caballero asinou esta mañá convenios con cinco entidades sociais para que poidan usar as instalacións deportivas de xeito gratuíto. Tal e como explicou na posterior rolda de prensa, os beneficiarios serán os usuarios da Fundación Menela, da Asociación San Francisco, da Asociación Alborada, de Cedro e de Down Vigo.
martes, 29 set 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou hoxe ás autoridades de Viana do Castelo presentes no Náutico, á directiva do club local e ás institucións e patrocinadores asistentes, o seu respaldo á Semana do Atlántico Cidade de Vigo, o evento máis importante da vela lixeira a nivel nacional e que se desenvolve en Vigo e Viana durante o mes de outubro e o primeiro día de novembro.
martes, 29 set 2015
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, amosou hoxe a súa máxima colaboración e a do Concello á Holi Run, unha curiosa proba que se pode facer andando ou correndo e que se disputará o 11 de outubro ás 11,00 horas nas inmediacións da praia de Samil.
venres, 25 set 2015
O alcalde asinou esta venres os convenios de cesión das instalacións do Instituto Municipal dos Deportes, que permitirá que os centros de Ensino Secundario da cidade e un centro de educación infantil e primaria empreguen estes espazos para realizar as actividades deportivas co seu alumnado. <br />
martes, 15 set 2015
O alcalde participou este martes na presentación da Semana Abanca 2015 de Navegación e Remo, que inclúe sete ciclos de regatas nas rías de Vigo e Pontevedra, na costa portuguesa de Matosinhos e no eixo Luanco-Xixón. No acto, Caballero destacou o traballo das entidades viguesas a prol da navegación e da divulgación do patrimonio marítimo.
venres, 28 ago 2015
O alcalde de Vigo participou hoxe venres nunha exhibición de tenis organizada frente ao MARCO para apoiar o I Torneo Mestres Clube de Campo "Legends Galicia". No acto tamén estiveron presentes o presidente da entidade, Manuel Sanjurjo, o delegado de Gadisa de Pontevedra, Pablo Louro, ademais dos tenistas Albert Costa, Javier Sánchez Vicario, Tomás Carbonell e Roberto Carretero.
mércores, 26 ago 2015
A mellor proba ciclista de Galicia para afeccionados copará o interese da cidade durante toda a derradeira fin de semana de agosto e en pleno casco urbano. O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou a 42 edición do Gran Premio Cidade de Vigo acompañado polo presidente do Club Ciclista Vigués, Carlos Vidal, entidade organizadora, e do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Carlos Muñiz.
martes, 18 ago 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiron hoxe martes na sala de xuntas de Alcaldía aos representantes da Federación Galega de Tenis e Escola de Tenis de Samil con motivo da organización da 74 edición do Campionato Cidade de Vigo de tenis-VI Memorial Antonio Santorio, nas pistas do complexo municipal de Samil do vindeiro día 24 ao domingo 6 de setembro.
xoves, 13 ago 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu hoxe a Concepción Martins, presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal, ao directivo Ramón Román e ao coordinador deportivo da entidade, Sergio González, que acudiron acompañados polo dous metros Alberto Abalde.<br />