Abel Caballero recoñece o labor dos clubs marítimos que ensinan aos vigueses a vivir o mar
O alcalde participou este martes na presentación da Semana Abanca 2015 de Navegación e Remo, que inclúe sete ciclos de regatas nas rías de Vigo e Pontevedra, na costa portuguesa de Matosinhos e no eixo Luanco-Xixón. No acto, Caballero destacou o traballo das entidades viguesas a prol da navegación e da divulgación do patrimonio marítimo.
A Semana Abanca de Remo e Navegación desenvólvese desde este venres 18 de setembro e ata o próximo 31 de outubro con Vigo como punto central. Trátase dunha serie de sete regatas nas rías de Vigo e Pontevedra, na costa portuguesa de Matosinhos e no eixo Luanco-Xixón, que reunirán a 800 barcos e botes e máis dun milleiro de deportistas.
Na presentación do programa realizada na sede de Abanca este martes pola mañá, o alcalde de Vigo manifestou a satisfacción do Concello pola celebración dun evento destas características nunha cidade que "sen o mar perdería a súa alma" e na que os clubs marítimos son "unha tradición imprescindible". Abel Caballero eloxiou o labor que desenvolven o Liceo de Bouzas e os clubs de Canido e Vigo que permiten que "os mozos e as mozas practiquen o deporte da navegación e vivan o mar" e agradeceu o apoio dos patrocinadores a esta Semana Abanca de Navegación e Remo por facer un esforzo nestes tempos difíciles.