O Concello renova case dous quilómetros de canalizacións no entorno de Numancia e Toxal
O alcalde de Vigo visitou este luns os traballos de mellora que executa o goberno local nas rúas Toxal e Numancia, que inclúen tamén as travesías e que significan a renovación de case 2.000 metros de canalizacións de saneamento e abastecemento de auga. Caballero avanzou que as obras concluirán no prazo estimado dun mes.
O rexedor asegurou que a remodelación era necesaria, xa que a zona estaba "moi deteriorada" e se rexistraban frecuentes queixas pola falta de presión da auga e as roturas na rede de abastecemento, singularmente na rúa Numancia. Para solventalo, o Concello introduce case dous quilómetros de novas canalizacións de abastecemento e saneamento no entorno, "poñendo á rúa nas condicións que lle corresponden", asegurou. Toxal, pola súa banda, sumará medio quilómetro de novas canalizacións de abastecemento de auga e de saneamento.
Explicou Abel Caballero que o goberno de Vigo está ademais completando as beirarrúas en Numancia e avanzou que no prazo aproximado dun mes estará concluída esta reforma, o que suporá "unha nova humanización" na cidade.
Descargar todas as imaxes