Escoitar

O goberno de Vigo incentiva o primeiro emprego e a contración indefinida dos menores de 30 anos

O alcalde informou este martes da aprobación das bases e da convocadoria das axudas á contratación e mellora do emprego para a mocidade viguesa, un programa municipal para incentivar con ata 5.000 euros o primeiro emprego dos menores de 30 anos e con ata 3.000 euros a transformación de contratos temporais en indefinidos.

martes, 15 set 2015
1442321556Alcaldeenrolda2.JPG
O programa presenta dúas modalidades, tal e como apuntou Caballero. A primeira incentiva económicamente a transformación de contratos temporais en indefinidos dos profesionais menores de 30 anos empadroados en Vigo. A axuda municipal ascende a 2.000 euros por contrato, que o goberno de Vigo amplía en 1.000 euros se a beneficiaria é unha muller vítima de violencia de xénero.

En segundo lugar, o programa municipal apoia a contratación de menores de 30 anos, inscritos nos servizos de emprego e empadroados en Vigo, que accedan ao seu primeiro emprego ou conten con menos de 365 días de experiencia laboral. A subvención económica irá dos 1.500 euros aos 4.500 euros se o contrato é de 9 meses, cantidades que o goberno de Vigo incrementa en ata 500 euros máis en condicións de dificultade do empregado.

Abel Caballero asegurou que "o emprego xuvenil é moi importante" para o goberno que preside e apuntou que "en vigo queremos ter máis empeño que en ningún sitio" en potencialo, e ofrecer expectativas á mocidade para atopar emprego.
Descargar todas as imaxes