O alcalde nomea novo xerente de Urbanismo a José Carlos Hernández Figueruelo
Caballero explicou que o novo xerente é un home que "forma parte dos expertos de urbanismo en toda España", un "gran profesional", licenciado en Dereito, que ocupou diversas responsabilidades no sector, entre as que salientou o seu papel como membro da comisión de expertos de Castela e León para a redacción do Regulamento de Urbanismo.
José Carlos Hernández Figueruelo foi designado esta mañá polo alcalde de Vigo xerente Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca e Diplomado pola Escola de Práctica Xurídica da mesma universidade, é avogado dos Ilustres Colexios de Zamora, Valladolid e Madrid e foi técnico da Administración Xeral do Estado no Concello de Zamora entre os anos 1986 e 1991.
Na súa traxectoria profesional destacan diversas responsabilidades na área de urbanismo: exerceu como xefe de servizo da Oficina de Urbanismo do Concello de Zamora entre 1991 e 2004, codirixiu o equipo redactor da revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana do ano 2001 e foi membro da Comisión de Expertos de Castela e León para a redacción do Regulamento de Urbanismo. Ademais foi Subdelegado do Goberno en Zamora entre 2004-2007.
Licencia para o novo edificio de notificacións e embargos
O alcalde anunciou este martes que xa está asinada a licencia de primeira ocupación do novo edificio de notificacións e embargos, ubicado no Casco Vello vigués. Caballero explicou que houbo que inscribir o inmoble no rexistro, con cargo ao Concello de Vigo, é considerou unha "boa nova para a cidade" a concesión da licenza, que habilitará algo máis de espazo na rúa Lalín.