O alcalde eloxia o "traballo e docencia" do IES Rosais II na apertura do curso de Secundaria e Bacharelato
Abel Caballero acudíu este martes ao instituto, un centro "moi notable" na cidade e "moi activo", que conta con cooperación municipal en distintas iniciativas e do que parten 35 alumnos e alumnas a Inglaterra cunha bolsa de estudos do Concello de Vigo. En Secundaria e Bacharelato, hoxe arrancan o curso en Vigo un total de 14.801 estudantes.
Abel Caballero agradeceu ao IES Rosais II e ao seu equipo directivo o seu "traballo e docencia", un centro "moi notable" na cidade e "moi activo". O alcalde recordou a colaboración municipal no pago dunha parte do transporte do alumnado participante na olimpiada científica de Tolousse e apuntou que 35 alumnos e alumnas do instituto parten a Inglaterra cunha bolsa de estudos do Concello de Vigo.
Segundo informou Caballero, hoxe arrancan o curso escolar en Vigo un total de 14.801 alumnos e alumnas de Secundaria e Bacharelato. En Secundaria comezan 11.073 alumnos, dos que 4.819 asisten a colexios públicos, 6.222 a concertados e 32 a privados. En Bacharelato, son 2.481 os escolares de centros públicos polos 887 dos privados, facendo un total de 3.728 alumnos.
Descargar todas as imaxes