Os museos municipais ofrecen as últimas prazas nos campamentos de verán para nenas e nenos de 5 a 12 anos

luns, 7 xul 2025

As familias interesadas en que as súas nenas e nenos de 5 a 12 anos de idade participen nunha das actividades de verán organizadas nos museos municipais de Vigo poden acceder a unha das últimas prazas. "Verbum creativo" desprega, nas tres semanas do 8 ao 24 de xullo, de 17,30 a 19,30, senllos programas creativos. O Pazo Quiñones de León será escenario do 19 ao 22 de agosto; así como do 26 ao 29 de agosto e do 2 ao 5 de setembro, de 10.30 a 13.30, da iniciativa "Verán non Pazo de Castrelos". A Casa das Artes e a Pinacoteca acollen "Cidade de Verán" do 29 de xullo ao 1 de agosto; do 5 ao 8 de agosto, e do 12 ao 14 de agosto, de 11.00 a 14.00 horas. Todas as actividades son gratuítas, previa inscrición no correo electrónico museoseduca@org ou no número 615258531.

A Feira do Libro de Vigo enche a Praza de Compostela de literatura e actividades ata o 7 de xullo

martes, 1 xul 2025

O alcalde convida á cidadanía a achegarse ata os xardíns da céntrica Alameda para gozar cos libreiros e escritores e intercambiar opinións literarias con outros lectores. No acto de inauguración, Caballero quixo lembrar a Domingo Villar, escritor vigués e Vigués Distinguido que faleceu no ano 2022 e que vivía na contorna da Praza de Compostela, e puxo de manifesto que "o libro é o maior avance na historia da humanidade". Na feira, amais da compra e venda de libros, haberá firmas de autores e unha ampla programación con actividades infantís. O Concello de Vigo achega 15.000 euros para a celebración do evento que este ano medra con ata 21 postos e na que o goberno local participa coa Biblioteca Neira Vilas e o Centro de Documentación e Recursos Feministas.

O MARCO acolle a mostra "Generación 2025"

xoves, 5 xuñ 2025

O alcalde inaugurou este xoves no MARCO a mostra "Generación 2025", un proxecto da Fundación Montemadrid La Casa Encendida, cuxa iniciativa cultural celebra o seu 25º aniversario. Dende o ano 2000 mostra anualmente unha selección de proxectos artísticos, co empeño de proporcionar aos artistas ferramentas de produción e promover a difusión dos seus traballos. En Vigo, dende hoxe e ata o 12 de outubro, expoñerán os 8 artistas gañadores, que comparten narrativas sobre futuros desexables e a Intelixencia Artificial como produtora de ficción e o interese pola oralidade.