Escoitar

A Pinacoteca acolle unha exposición para recuperar a figura de Francisco Miguel

A mostra busca recuperar a figura do artista galego Francisco Miguel, reunindo 40 debuxos que poñen en valor o seu talento e reivindican a súa memoria tras décadas de esquecemento e silencio. “Fráxil, fácil, núbil... 40 debuxos de Francisco Miguel” poderá visitarse na Pinacoteca ata o 27 de setembro.

mércores, 8 abr 2026

Francisco Miguel é un artista galego clave na arte do século XX cuxa obra e traxectoria quedaron no esquecemento durante décadas. A mostra que acolle a Pinacote recolle 40 debuxos feitos entre 1925 e 1929, nos que a súa muller Syra Alonso é a gran protagonista. Estará aberta ao público ata o 27 de setembro.

Francisco Miguel foi un pintor, deseñador e ilustrador galego asasinado polo fascismo ao comezo da guerra. Durante anos a súa figura foi silenciada e a súa obra practicamente desapareceu. A exposición que se exhibe na Pinacoteca é a segunda gran compilación dedicada a Francisco Miguel nesta etapa de recuperación, tras unha primeira celebrada na Coruña. A iniciativa busca devolver ao artista ao lugar que lle corresponde na historia do arte galega e española.

Desde o Concello e o equipo de museos destácase a importancia desta exposición, non só como evento cultural, senón tamén como exercicio de memoria e xustiza histórica. O concelleiro de cultura, Gorka Gómez, invitou a toda a cidadanía a visitar a exposición na Pinacoteca e a converterse nun altofalante desta iniciativa cultural, contribuíndo á difusión e ao recoñecemento dun artista fundamental para o patrimonio artístico galego. Así mesmo, enmárcase dentro dunha aposta máis ampla polo impulso da rede de museos municipais e a programación cultural da cidade.

Descargar todas as imaxes