O Auditorio Municipal acolle o sábado a obra de teatro infantil "Un avó especial"

xoves, 28 feb 2008

A obra "Un avó especial", de Migallas Teatro, é a montaxe elixida para continuar o sábado, 1 de marzo, coa programación estable de teatro para este ano 2008, organizada pola Concellería de Cultura, que dirixe Xesus López. Neste caso, trátase dunha representación dirixida ao público infantil que aborda o tema da enfermidade do Alzhéimer, que terá lugar no Auditorio Municipal a partir das 18.00 horas.

O MARCO propón un achegamento histórico e contemporáneo ao mundo da animación

xoves, 28 feb 2008

O MARCO inaugura este venres "Xeopolíticas da animación", unha mostra sobre a animación na súa vertente artística que formula dúas formas de achegamento a este xénero: una histórica, na que a modo de exemplo se inclúen traballos de autores clásicos significativos en relación co título da exposición e a temática que esta aborda, e outra xeográfica máis extensa, na que se ofrecen producións contemporáneas.

A mostra "Artifex. Enxeñería romaña en España" inaugura o programa de exposicións temporais do Museo de Castrelos para 2008

martes, 26 feb 2008

A montaxe "Artifex. Enxeñería romana en España", que se inaugura este mércores é unha boa mostra diso, pretende dar a coñecer o legado técnico da enxeñería romana a través das súas innovacións e logros en diversos ámbitos, efectuando un percorrido polos diferentes avances técnicos dos romanos na súa enxeñería civil en obras como as calzadas, acueductos, pontes e explotacións mineiras, entre outras infraestruturas do seu tempo.

O MARCO presenta "Próspera", a nova mostra da viguesa Carme Nogueira

venres, 22 feb 2008

A exposición, que se inaugura este venres, poderá ser visitada ata o 11 de maio no Espazo Anexo do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). A presentación contou coa asistencia do alcalde, Abel Caballero. Como continuación do proxecto PRÓSPERA, presentado en setembro de 2007 en Pequín, a viguesa Carme Nogueira busca de novo un diálogo coa cultura chinesa que nesta ocasión toma como referencia o contexto máis próximo, a cidade onde vive e desenvolve o seu traballo.

O Festival Alternativo das Artes Escénicas comeza o día 22 coa obra "Kamchàtka" na rúa do Príncipe

xoves, 14 feb 2008

O Festival Alternativo das Artes Escénicas Alt.08A volve á cidade de Vigo o venres 22 de febreiro, nesta ocasión da man da compañía barcelonesa Kapchatka, que na rúa do Príncipe, ás 19.00 horas, interpretará a obra do mesmo nome. Segundo o concelleiro de Cultura, Xesus López, a celebración do Alt.08 "é un dos mellores acontecementos que se producen na cidade de Vigo, xa que sitúa á cidade no centro das Artes Escénicas do Estado".