Avishai Cohen inaugura o sétimo Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons e

venres, 17 xuñ 2011

Comeza unha nova edición de Imaxina Sons o venres 17 de xuño cun esperadísimo concerto do contrabaixista e cantante Avishai Cohen (Xerusalén, 1970) no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia ás 22.30h. A xornada inaugural deste sétimo Imaxina Sons, o primeiro que coordina o compositor Nani García e promovido polo departamento de Cultura do concello de Vigo, comeza coa participación de músicos da Escola A Tempo de Pontevedra en Imaxina na Rúa e rematará no club Xancarajazz co concerto de Gabriel Peso Trío.

Comeza a sétima edición do Festival de Jazz Imaxina Sons

xoves, 16 xuñ 2011

A nova edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, a sétima xa, promovida pola concellería de Cultura e Animación Sociocultural do concello de Vigo, terá lugar do 17 ao 25 de xuño de 2011. Entre os artistas confirmados para a sétima edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons atópanse Avishai Cohen, Portico Quartet, Nils Petter Molvaer, Sidsel Endresen, Neil Cowley Trio, Portico Quartet e John Taylor.

Proxección do documental Jazz en Liberdade e recital de Eva Veiga, entre outras propostas

Cine, poesía e jazz nos clubs completan a programación do 7º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons

luns, 13 xuñ 2011

Tras a presentación dos concertos do sétimo Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons péchase agora o programa completo de actividades con poesía, cine e o circuíto de música nos clubs. Do 17 ao 25 de xuño desenvólvese a programación que arrancará coa participación das escolas de música e o concerto no Centro Cultural Novacaixagalicia do contrabaixista Avishai Cohen (17 xuño, 22.30h). Durante os nove días de festival ademais proxectarase o documental Jazz en liberdade, do realizador Xes Chapela, un espectáculo poético-musical protagonizado pola escritora Eva Veiga e a programación Jazz na Noite que levará a música en horario nocturno aos clubs da cidade.

A maxia continúa o domingo no Auditorio Municipal co espectáculo "Da'Kara", do mago Dani García

venres, 10 xuñ 2011

A Concellería de Cultura e Animación Sociocultural organiza unha nova actuación dirixida ao público infantil e familiar o vindeiro domingo, 12 de xuño, ás 18 horas, no Auditorio Municipal. Trátase do espectáculo de maxia "Da'kara", que levará a escena o mago Dani García, do programa "Con t minúsculo". O prezo das entradas é de 3 euros para os nenos e nenas ata 12 anos e 5 euros para os maiores e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación

A compañía El Pont Flotant presenta mañá venres no Auditorio Municipal a obra "Ejercicios de amor"

xoves, 9 xuñ 2011

O Auditorio Municipal acolle mañá venres, ás 21 horas, unha nova proposta da programación estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. Trátase da obra de teatro "Ejercicios de amor", dirixida ao público adulto e interpretada pola compañía El Pont Flotant. As entradas teñen un prezo de 7 euros e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación

Exposición "O tempo é un círculo"

mércores, 8 xuñ 2011

Do 9 de xuño ao 10 de xullo a Casa das Artes de Vigo ofrece a oportunidade de coñecer a mostra de Menchu Lamas "O tempo é un círculo". Presenta obras de gran formato que abranguen dúas décadas da sua traxectoria, incluindo a década dos 90 e despois o periodo que vai do ano 2000 até agora. Recolle unha escolma das obras máis significativas no evoluir da artista nestas dúas etapas ben diferenciadas.