Escoitar

A compañía El Pont Flotant presenta mañá venres no Auditorio Municipal a obra "Ejercicios de amor"

O Auditorio Municipal acolle mañá venres, ás 21 horas, unha nova proposta da programación estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. Trátase da obra de teatro "Ejercicios de amor", dirixida ao público adulto e interpretada pola compañía El Pont Flotant. As entradas teñen un prezo de 7 euros e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación

xoves, 9 xuñ 2011
"Ejercicios de amor" presenta un espazo afastado da realidade cotiá, dos cláxones e as luces da cidade para reflexionar sobre as relacións entre os seres humanos e onde poder ilusionarnos nos dous sentidos da palabra: a ilusión como mentira pero tamén como desexo. El Pont Flotant da vida a unha maneira particular de celebrar a unión entre persoas, unha celebración sinxela e íntima a metade do camiño entre o teatro e a realidade, na que o espectador é o convidado.