Escoitar

O Concello solicitará á Xunta explicacións polo traslado da ESO e o Bacharelato do instituto Manuel Antonio

O alcalde de Vigo en funcións, Abel Caballero, entrevistouse hoxe mércores con representantes do profesorado e da ANPA do centro, a petición destes, para darlle a coñecer ao rexedor a decisión autonómica de trasladar a ESO e o Bacharelato do IES Manuel Antonio. Caballero comparte a preocupación do colectivo e solicitará á Xunta de Galicia as razóns da decisión, pois a fórmula coa que operaba ata o momento é "moi enriquecedora" e "positiva".

mércores, 8 xuñ 2011
1307536461manuelantonio.jpg
O alcalde de Vigo en funcións, Abel Caballero, requerirá da Xunta de Galicia os motivos polos que decretou o traslado da ESO e o Bacharelato do Instituto Manuel Antonio.

A solicitude destes, o alcalde entrevistouse co profesorado e a ANPA do centro, quenes transmitiron a Caballero o seu "desacordo" coa decisión da Consellería de Edcuación, que afecta a 245 estudantes e 37 profesores, e crea "incertidume" na comunidade educativa.

Abel Caballero indicou que contactará coa Xunta de Galicia para coñecer as causas desta modificación educativa, xa que a fórmula coa que operaba o IES estaba a ser "moi enriquecedora" e "moi positiva". O alcalde en funcións afirmou compartir a preocupación dos educadores e pais e nais de alumnos e reafirmou a súa vontade de "manter o nivel educativo e a calidade do ensino público" en Vigo.

Transmitiu Caballero que a Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Manuel Antonio non ve "nin unha soa razón obxectiva que xustifique esta decisión", e por tanto requiren do alcalde a súa mediación co goberno autonómico.
Descargar todas as imaxes