O CAT inaugura unha exposición do colectivo " La Canalla"

mércores, 24 abr 2013

O Centro de Artesanía Tradicional -CAT- programa para o xoves 25 de abril a inauguración da exposición "Espaparate" do colectivo "La canalla" a un faladoiro sobre a experiencia creativa no deseño de moda. Será ás 20.00 horas na sede do CAT, rúa Subida ao Castelo, nº 10.

O MARCO participa nunha actividade de BOOKCROSSING

luns, 22 abr 2013

O martes 23 de abril, coincidindo co Día Internacional do Libro, o MARCO únese, unha vez máis, á experiencia de Bookcrossing na que participan 61 museos e centros de arte de todo o mundo. Unha campaña de liberación de libros na que encherán as cidades con volumes de diferentes disciplinas, procedentes da bolsa de duplicados das súas bibliotecas.

Programación do Museo Liste-Etnográfico de Vigo para o 2º trimestre

xoves, 11 abr 2013

O Museo Liste-Etnográfico de Vigo e o Centro de Artesanía Tradicional (CAT), xestionados pola Fundación Liste coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, presenta a súa programación para o segundo trimestre de 2013, que contará coa exposición permanente, exposicións temporais, obradoiros, talleres e xornadas.<br />