Escoitar

A biblioteca Xosé Neira Vilas ofrecerá un sistema de préstamo para discapacitados a través do teléfono

A biblioteca municipal Xosé Neira Vilas ofrecerá un servizo de préstamo especial para usuarios con discapacidad motora grave que lles permitirá solicitar préstamos a través do teléfono. Así o explicou hoxe xoves o rexedor durante unha visita ao centro para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas.

xoves, 24 out 2013
1382615961neiravilas.JPG
Abel Caballero visitou hoxe xoves as instalacións municipais da Xosé Neira Vilas durante a xornada na que se conmemora o Día Internacional das Bibliotecas. Cualificou o centro de "exemplo de expansión" e de como se ten convertido nunha "gran" biblioteca da cidade, un espazo concebido en principio como un recinto de zona. O número de visitantes xa superou os 250.0000 e os préstamos achéganse aos cen mil "o que supón que se superaron as mellores expectativas".

Durante a visita, o rexedor avanzou que este espazo público ofrecerá un servizo especial para aqueles usuarios con discacapacidade motora grave xa que terán a posibilidade de solicitar un préstamo a través do teléfono. A maiores, nestes momentos estáse a estudar os trámites que deberían poñerse en marcha para facilitar este mesmo servizo para longas estancias hospitalarias.

Tamén se referiu ao e-book, xa que Vigo é a primeira grande cidade española en ofertar este servizo de libro electrónico. Ofrécense 200 títulos en castelán, galego e, progresivamente, iránse incorporando francés e inglés. Tamén incluirán métodos para o ensino de linguas co ánimo de cooperar coa Escola de Idiomas ou as facultades de filoloxía, explicou o rexedor.
Descargar todas as imaxes