mércores, 23 out 2013
200 dinosaurios animatrónicos camparán a partir do 31 de outubro no Ifevi, formando parte de Days of the dinosaur". Trátase, dixo o rexedor, dunha mostra que percorreu 50 cidades de todo o mundo e que trasladará aos seus visitantes á era Mesozoica.
mércores, 23 out 2013
O alcalde e o presidente do Real Club Celta de Vigo asinaron o acordo de cesión dos dereitos de imaxe do cadro técnico e xogadores do equipo celeste para a iniciativa "Gústame o galego de primeira", en colaboración coa Universidade de Vigo.
mércores, 23 out 2013
O alcalde de Vigo rubricou este mércores un convenio de colaboración coa entidade pola que o Concello achega 3.600 euros para axudar ao pago do aluguer da súa sede. Caballero explicou que a Asociación, de recente creación, ten un "importante" número de afiliados e un gran "potencial".
mércores, 23 out 2013
Con motivo do Día Internacional dal Bibliotecas, o xoves 24 de outubro, a Biblioteca Publica Central de Vigo e a Biblioteca Pública Municipal Beira Vilas organizan unha serie de actividades dirixidas tanto ao público infantil, adulto e aos centros de ensino.
mércores, 23 out 2013
A Concellería de Cultura e Festas colabora no 9º Certame de curtametraxe, documentais e animación SECUENCIA CERO, que se desenvolverá os días 24, 25 e 26 de outubro, no auditorio municipal do Concello (praza do Rei, 1).As proxeccións comezarán todos os días ás 19:00 h; a entrada diaria ten un prezo de 1 €, no despacho de billetes do auditorio.