Escoitar

Xogadores e técnicos do Celta promoven o uso do galego nunha campaña conxunta co Concello

O alcalde e o presidente do Real Club Celta de Vigo asinaron o acordo de cesión dos dereitos de imaxe do cadro técnico e xogadores do equipo celeste para a iniciativa "Gústame o galego de primeira", en colaboración coa Universidade de Vigo.

mércores, 23 out 2013
1382528981galego.JPG
En declaracións aos medios, Abel Caballero explicou que a campaña é unha actuación de dinamización da lingua galega a través de fotos e vídeos con frases suxestivas sobre o uso do galego en diversas situacións, por parte dos xogadores e técnicos do Real Club Celta de Vigo.

O rexedor indicou que esta acción divulgativa percorrerá colexios, universidades, centros educativos e entidades deportivas, entre outras, polo que trasladou o seu "recoñecemento" ao Real Club Celta de Vigo.
Descargar todas as imaxes

Máis información