Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 24 out 2013
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 25 DE OUTUBRO DE 2013.



1.- Acta da sesión ordinaria do 11 de outubro e extraordinarias e urxentes do 11, 14 e 15 de outubro de 2013.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Dar conta de Sentenzas e Autos:

a) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Lugo no RC-A nº 444/11 p.a. Demandante: Dª Mª CARMEN CARRILLO RODRÍGUEZ. Obxecto: Resolución do 13/07/2011. Expte.: Sanción de tráfico, n.i.c. Nº 108743020. Estimado o recurso.

b) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 137/2013 P.A. Demandante: D. CAMILO ÁLVAREZ CRESPO. Obxecto: Inactividade. Inexecución do acto presunto favorable a solicitude. Expte.: Incentivo a xubilación anticipada bombeiros, art. 33 do C.C./A.R. Estimado o recurso.

c) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 162/2013 P.A. Demandante: D. JOSÉ A. NOGUEIRA GUNTIÑANS. Obxecto: Resolución do 11.12.2012 (en reposición) Sanción de tráfico. Expte.: 118696129. Desestimado o recurso.

d) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 81/2013 p.a. Demandante: Dª. GUADALUPE PALOMO MARTÍN. Obxecto: Resolución do 13.12.2012. Sanción de Tráfico. Expte.: 128 655 286. Estimado o recurso.

e) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 212/2012 P.O. Demandante: "VIPONSA". Obxecto: Resolución de data 09.04.2012. Expte.: Solicitude de revisión de subhasta de bens embargados. Desestimado o recurso.

f) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 275/12 PO. Demandante: D. FRANCISCO SIMÓN IGLESIAS E OUTRA. Obxecto: Resolución do 26.09.2013. Reclamación Patrimonial. Desestimado o recurso.


g) Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 158/2013 p.a. Demandante: D. JAVIER POSADA TOMÉ. Obxecto: Resolución do 09.05.2013. Expte.: Sanción de Tráfico. Declara rematado o procedemento por recoñecemento administrativo.

h) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 184/2013 P.A. Demandante: Dª Mª CELESTE GONZÁLEZ SUÁREZ. Obxecto: Sanción de tráfico Expte.: 128671777. Desestimado o recurso.

i) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 165/2013 P.A. Demandante: D. MANUEL VARELA VILLAR. Obxecto: Sanción de Tráfico Expte.: 118668678. Desestimado o recurso.

k) Sentenza do X. do Social nº 2 de Vigo no proced. Ordinario nº 1238/2012. Demandante: Dª NATALIA BARREIRO FIDALGO. Obxecto: Reclamación de dereitos e cantidades pola prestación de servizos ao Concello de Vigo. Estimada parcialmente a demanda.

l) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 186/2013 P.A. Demandante: D. FRANCISCO J. FERNÁNDEZ GÓMEZ. Obxecto: Resolución do TE-A do Concello de Vigo do 22.04.2013. Embargo de c/c por débedas tributarias. Estimado parcialmente o recurso.

BENESTAR SOCIAL
3.- Proposta de autorización para a subscrición dun convenio de colaboración entre a entidade prestadora do Servizo de Axuda no Fogar (CLECE S.A.) e a Asemblea Comarcal da Cruz Vermella en Vigo para a realización de prácticas de alumnos. Expte. 88550/301.

4.- Validación de actuacións e autorización de gasto en relación coas Axudas Municipais Escolares de comedor para o curso 2012-2013. Expte. 72381/301.

5.- Indemnización substitutiva por importe de 228.746,49 € a favor de CLECE S.A. pola prestación do Servizo de Axuda no Fogar durante o mes de agosto de 2013. Expte. 87992/301.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
6.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Festas durante o mes de agosto de 2013. Expte. 5249/335.

7.- Proposta de concesión de subvención nominativa mediante un convenio entre o Concello de Vigo e Sinsal Audio S.L. para o financiamento do "Festival Sinsal 11". Expte. 14347/331.

8.- Proposta de concesión de subvención nominativa mediante un convenio entre o Concello de Vigo e MUSICADHOY S.L. para o financiamento do "Festival Vertixe Sonora". Expte. 14366/331.

DEPORTES
9.- Proposta de autorización para organizar o evento deportivo "Vigo contra el cáncer" o vindeiro 10 de novembro. Expte. 12305/333.

10.- Proposta de autorización para organizar a "I Carrera solidaria por la esclerosis múltiple" o vindeiro día 24 de novembro. Expte. 12318/333.

11.- Proposta de autorización para organizar a "I Marcha Popular Ciclista a Navia" o vindeiro 27 de outubro. Expte. 12552/333.

12.- Devolución de aval a PLAYOFF Consulting S.L. constituído pola celebración do TOUR NBA 3X no mes de xullo no aparcadoiro de Samil. Expte. 12568/333.

EMPREGO
13.- Proposta de autorización a Ana María Mouriz Martínez para asistir á 4ª SG Meeting, Interregional Workshop e Interregional Visit en Bulgaria, do 4 ao 9 de novembro de 2013. Expte. 10412/77.

IGUALDADE
14.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación Mulleres Progresistas para a execución do programa de intervención e apoio familiar coas usuarias da Rede Municipal de Vivendas de Protección para mulleres vítimas de violencia de xénero. Expte. 6050/224.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
15.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a CIG de Vigo para axudar ao financiamento das actividades da entidade para o ano 2013 e gastos de mantemento para o seu desenvolvemento entre xaneiro e outubro. Expte. 6307/320.

RECURSOS HUMANOS
16.- Reclamación á convocatoria extraordinaria do Fondo de Acción Social (FAS) 2013. Expte. 24531/220.

17.- Recurso de alzada interposto por Dª. Patricia López López contra resolución de 2.07.13 desestimatoria da súa reclamación en relación coa oposición de técnico de empresas e actividades turísticas. Proposta desestimatoria. Expte. 24549/220.

TRIBUNAL ECONÓMICO
18.- Contrato, ao abeiro da Disposición Adicional Novena do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, para a subministración de bases xurídicas e acceso a publicacións do Grupo Editorial Wolters-Kluwert. Expte. 3357/550.

VIAS E OBRAS
19.- Devolución de avais outorgados polo Banco Pastor á mercantil "Alvaro Loureiro Benavides Construcciones, S.L." por diversas obras de urbanización. Expte. 75857/421.

20.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 25 de outubro de 2013, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 23 de outubro de 2013.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.