Escoitar

Exposición Proxectos na Emao

O venres, 25 de outubro, inaugurase unha nova exposición no ESPAZO EMAO dos proxectos realizados polo alumnado que rematou as súas respectivas especialidades de pintura, debuxo, escultura e talla en madeira, serigrafía, gaita, artesanía en coiro, cerámica, deseño e encaixe de palillos

xoves, 24 out 2013
1382606146rpoxectosemao.jpg
Na presente exposición, producida integramente pola EMAO, presentamos algúns dos proxectos dos/as alumnos/as que remataron os seus estudos no curso 2011-2012 e que, ao longo do presente ano, materializaron a súa proposta inicial, man a man co seu titor/a. Do proceso proxectual, recóllense aquí os resultados, os productos creativos ou artesanais, que representan o froito parcial, unha mostra especial, da experiencia e o coñecemento vivido nas aulas e obradoiros ao longo dos seus estudo

A exposición inaugurase o venres 25 de outubro ás 19.00 horas, no Espazo EMAO, edificio da Escola Municipal de Artes e Oficios, entradas polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro. A mostra permanecerá aberta ata o 13 de decembro e poderá visitarse en horario de luns a venres de 19:00 a 21:00 horas.
Descargar todas as imaxes