Inauguración da exposición "Espiñas Coroadas" de Lito Portela

xoves, 9 mai 2013

O vindeiro venres 10 de maio inaugurarase na Fundación Laxeiro (3º andar da Casa das Artes, r/ Policarpo Sanz, 15), coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, a exposición "Espiñas coroadas", do artista Lito Portela (Moaña, 1958), que amosa a súa reflexión sobre a natureza, as persoas e o estranamento destas ante o mundo que nos rodea e nos acolle.

XXI Xornadas de Filosofía

luns, 6 mai 2013

A Concellería de Cultura e Festas e mailo grupo Aletheia-Vigo organizan as XXI Xornadas de Filosofía, que terán lugar no Auditorio Municipal do Concello os días 8, 9 e 10 de maio, de 16,30 h a 21,00 h. As xornadas, baixo o título "Albíscase unha nova etapa histórica?". Claves para abordar o futuro", contarán con conferencias sobre o progreso moral, a crise, as reformas do mercado laboral e o desemprego, etc. Os conferenciantes serán Javier Muguerza, Jesús Mosterín, Francesc de Carreras, Antón Costas Comesaña, Ubaldo Martínez Veiga e Félix Ovejero Lucas.

Concerto de piano a catro mans

luns, 6 mai 2013

O martes 7 de maio, ás 20,00h, terá lugar no Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei, 1), un concerto de piano a catro mans a cargo de Lilya Zilberstein e Pablo Galdo, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas.

Semana de Música de Cámara

venres, 26 abr 2013

A Concellería de Cultura e Festas e mailo Conservatorio Superior de Música de Vigo (CMUS), seguindo coa liña de colaboración iniciada hai dous anos, organizan a Semana de Música de Cámara, que terá lugar entre o 29 de abril e o 3 de maio.

Inauguración da exposición "Fermín Penzol. Unha obra para un país"

xoves, 25 abr 2013

A Fundación Penzol, con sede na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 1), inaugura este venres día 26 de abril, ás 12,30h, na súa sala de exposicións da planta baixa, a exposición "Fermín Penzol. Unha obra para un país", concebida como unha conmemoración, unha homenaxe de lembranza comunitaria a este grande mecenas galeguista. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 26 de maio.