Escoitar

O rexedor insta á Xunta a asumir o custo total da Biblioteca Central como no resto das cidades galegas

Abel Caballero avanza que o 1 de xaneiro o Concello deixará de aportar os 330.000 euros que anualmente lle adica a Biblioteca Central, sendo esta unha responsabilidade absoluta da Xunta. De feito, o rexedor explica que o Goberno autonómico xa sufraga a totalidade das bibliotecas autonómicas de todas as grandes urbes galegas, excepto a da nosa cidade.

luns, 4 nov 2013
1383569549alcalde6.jpg
O alcalde de Vigo explicou hoxe luns que o 1 de xaneiro de 2014 o Concello deixará de aportar os 330.000 euros que o Concello lle adica anualmente (en cifras de 2011) a Biblioteca Central. Esta decisión, explicou, responde a que esta entidade é competencia autonómica e no resto das grandes cidades galegas a Xunta asume a totalidade do custo. No caso de Vigo, o Concello aporta máis do 30% dun orzamento que ronda o millón de euros para o funcionamento da Biblioteca Central, agora coñecidada como Juan Compañel.

Segundo explicou, a biblioteca González Garcés de A Coruña ten un orzamento de 2,1 millóns dos que o concello non aporta nada, e o mesmo ocurre no resto das cidades galegas, que, por certo, casi duplican o orzamento da de Vigo. Lugo recibe 1,8 millóns da Xunta para a súa biliblioteca, mentres que Ourense, 1,7 millóns; Pontevedra, 1,4 millóns e, por último, Santiago de Compostela, cun orzamento de 2,3 millóns para a súa biblioteca autonómica. Tal e como dixo o rexedor, "non podimos nada distinto ao resto das cidades, queremos o mesmo trato".
Descargar todas as imaxes