O goberno de Vigo saca a licitación humanizacións de rúas por valor de 5,2 millóns de euros
Así o informou hoxe luns o alcalde, despois dunha Xunta de Goberno Local celebrada a pasada semana, que autorizou os expendentes de contratación de humanizacións en Tomás Alonso, Ferreiros, Jenaro de la Fuente, Marqués de Valterra e Avenida da Hispanidade, entre outras actuacións nas parroquias.
O total dos investimentos licitados na sesión da pasada semana ascende a 5.213.000 euros, unha nova tanda de obra pública do Concello que servirá para profundizar no "Vigo sostible" e para crear "centos e centos de postos de traballo" para "cidadáns de Vigo", asegurou Caballero.
Segundo relatou, o goberno de Vigo licita a reforma da parte máis próxima a Bouzas da rúa Tomás Alonso, entre a Alameda Suárez Llanos e Camilo Veiga, cun orzamento base de 1.349.000 euros máis o IVE. Cun prazo de execución da obra de seis meses desde o seu inicio, a humanización renovará as redes soterradas de servizos, beirarrúas e a calzada, mantendo as dúas marxes de estacionamento. Incluirá tamén 35 novas árbores, 50 metros lineais de xardineiras e novos puntos de luz.
Outra mellora aprobada foi a licitación das obras de acondicionamento e mellora do acceso ao barrio de Navia desde a VG-20, cun importe de 164.000 euros máis IVE e prazo de execución dun mes. Navia ganará unha entrada peonil que "necesita", no "cóbado" de Teixugueiras, segundo explicou o rexedor, para a súa conexión con Coia.
O goberno de Vigo autorizou a licitación da humanización da beirarrúa par de Jenaro de la Fuente, entre Aragón e a rúa Toledo, cun periodo de obras de dous meses desde o seu comezo e orzamento base de 200.000 euros. A reforma contempla beirarrúas de granito, renovación da calzada, novo alumeado e sinalización, ademais de arborado, bancos e xardineiras.
Marqués de Valterra inicia igualmente o seu proceso de humanización cun orzamento de 211.000 euros. Abel Caballero indicou que o Concello dotará de maior protección no acceso ao colexio, xunto aos estándares habituais das reformas. O prazo estimado das obras é de dous meses.
Tamén en Bouzas, o goberno local licitou a humanización da rúa Ferreiros na súa primeira fase, entre a praza Diego Santos e a rúa Ramón Antonio Álvarez, por importe de 166.000 euros. O Concello remodelará o treito entre Zamora e Gran Vía da Avenida da Hispanidade, por 200.000 euros de licitación e un prazo de tres meses de obra; e contratará as obras de estrutura de paso sobre o regato Vilaverde-Pebegóns, en Zamáns, por 109.000 euros.
Abel Caballero informou asemade da aprobación do expedente para contratar obras nas parroquias de Vigo por 589.000 euros, dividos en tres bloques: o primeiro para traballos en San Andrés, Coruxo, Saiáns, Beade e Lavadores; o segundo, con actuacións en Castrelos, Valadares, Sárdoma e Candeán; e o terceiro, para Cabral, Sampaio, Matamá e Sárdoma.