Escoitar

O goberno local financia a Semana de Teatro Afeccionado da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais

Carmela Silva foi hoxe venres a encargada de presentar a Semana de Teatro Afeccionado que, a partir de mañá sábado, ofrecerá cinco actuacións con outros tantos grupos da cidade. A iniciativa arranca co grupo Teatro Tarantela, que actuará a partir das 20,00 horas na SCR Helios de Bembrive.

venres, 8 nov 2013
1383916826carmela.JPG
A tenente de alcalde Carmela Silva amosuse "encantada" coa posta en marcha, un ano máis, da Semana de Teatro Afeccionado da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo porque un goberno democrático "ten que ter sensibilidade con este tipo de actividades promovidas pola cidadanía cara á cidadanía". Nunha época difícil, na que as administracións públicas tenden a recortar "nós seguimos a apoiar a cultura e, sobre todo, a popular porque é a máis democrática", subliñou. Ao respecto, precisou que o Concello sufraga o 100% desta actividade xa que é unha das actividades englobadas no convenio anual con este colectivo. Acompañada do responsable da entidade organizadora, Roberto Giráldez, a tenente de alcalde animou a todo Vigo a participar porque "se vai divertir".


A Semana Afeccionado de Teatro arranca mañá sábado coa obra "O achado do Castro" que representará o Grupo de Teatro Tarantela (CSRC Beade) o día 9 de Novembro na SCR Helios de Bembrive ás 20 horas. O sábado 16 chegará o turno da "Comedia bífida", protagonizada polo Grupo de Teatro Rueiro de Coia o día 16 de Novembro na SCDR Atlántida de Matamá ás 20 horas. O Grupo Atlántida Matamá encherá o 23 de novembro o CCR de Cabral con "Visións dun cego"; O grupo de Teatro Porta Aberta tamén representará "O achado do Castro" o 30 de novembro no CVCV Valladares, ás 20,00 horas. O programa rematar´ao domingo 1 de decembro coa "Fatídica festa do ano da serpe" ao que dará vida o Grupo de Teatro Valladares no CSRC Beade.
Descargar todas as imaxes